Team America: A policía do mundo

Gary Jonhston é unha estrella que ten un espectáculo en Broadway... Tras unha actuación titulada Lease (O tema principal da canción é Todos teñen SIDA), o actor recibe a visita de Spottswoode... Resulta ser o xefe do comando de operacións internacionais máis importante dos EEUU: Team America, a policía do mundo. Despois da perda dun dos seus colaboradores nunha operación en París (onde destrúen entre outros, a Torre Eiffel, o Arco de Constantino, o museo do Louvre e Notré Dâme), o equipo precisa de Gary para que se infiltre como espía nun comando terrorista, e averiguar onde se van a realiza-los próximos ataques... Logo dunha misión en Exipto, onde Gary é perfectamente caracterizado coma árabe, consiguen derrocar os plans terroristas. Mentres tanto, xorde o amor entre unha das integrantes do grupo (Lisa) e Gary, logo de que Lisa perdera o seu mozo na misión de París.
Pero non todo estaba solucionado... Parece ser que os terroristas tiñan un suministro fiable de armas de destrucción masiva... Quen era o suministrador? Pois nin máis, nin menos que Kim Jong Il, presidente da República de Corea do Norte. Tras un ataque terrorista en Panamá, no que morren centos de persoas, Team America é fortemente criticado por toda a opinión pública, ademáis de por personaxes coma Michael Moore (o cal acaba volando a base da forza policial), e organización coma o Gremio de Actores Ianquis, entre eles: Alec Baldwin, Danny Glover, Helen Hunt, Susan Sarandon, Tim Robbins...
O ordenador do Team America (INTELIXENCIA) enviounos hacia Corea do Norte, logo de procesar multitude de datos e interceptar chamadas terroristas... O Team America, logo do desahucio e rechazo de Gary, diríxise a súa nova misión, aínda que as forzas de Corea do Norte pilláronos, como quen di, en pelotas... Despois de ser raptados... Coma rematará esta historia? Recomendo esta película para todos aqueles que teñan un bo sentido do humor e saiban como está o mundo e as relacións internacionais na actualidade, xa que, a película, se peca dalgo, é de sinceridade...
0 comentarios